Invictus é o novo traballo de Clint Eastwood tras as cámaras e baseado na novela "El factorhumano" escrita por John Carlin, que chegará aos cines estadounidenses a finais de ano. O título completo da novela que adapta é "The Human Factor: Nelson Mandela and the Game That Changed the World", e conta como o líder e activista contra a discriminación do apartheid Nelson Mandela soubo utilizar a organización do campionato do mundo de rugby, celebrado en Sudáfrica en 1995, para tranquilizar as históricas tensións entre a poboación branca e a negra no seu país.
Na película de Eastwood, Morgan Freeman é quen encarna a Mandela, mentres que Matt Damon interpreta a Francois Pienaar. O guión adaptado da novela foi obra de Anthony Peckham.
Corren os anos 60, anos de loucura e redescubrimento, anos de novas definicións e, sobre todo, de novas músicas. Alí e entón, o rock inglés irrompe no mundo, pero non todo o mundo está preparado para el e a súa filosofía. Mentres que a BBC, radio británica por excelencia, só radiaba 2 horas semanais de rock e dedicaba o resto da súa programación musical ás baladas que entusiasmaban aos pais da época, as radios pirata proliferaban para emitir rock e pop durante as 24 horas do día, facendo as delicias dos seus máis de 25 millóns de oíntes. Ese é o caso de 'Radio Rock', unha emisora ilegal, o seu nome pode verse en grandes letras brancas pintadas sobre o casco vermello dun barco que navega polo Mar do Norte. Dende el, dende a súa cuberta, dende os seus camarotes e dende calquera parte das súas entrañas, a vida que marcou os 60 vívese intensamente. E "Radio encubierta" conta a súa historia. Dirixida por Richard Curtis e cunha repartición encabezada polo gañador do Oscar Philip Seymour Hoffman, "Radio encubierta" móstranos o cambio xeracional que sufriu o mundo da man da música. Un cambio que, como todos, a algúns lles custa aceptar.
Rock, mozos e mozas tolas, loucuras, sexo libre, fans que chegan en pequenos botes ata 'o barco roqueiro'... demasiado desenfreo para un tradicional goberno británico que tratará de dar caza e captura os seus responsables en alta mar. O resultado é unha comedia ao máis puro estilo británico pero que "tamén ten unha mensaxe moi seria: o importante que é a música para a xente. É moi importante, cambia as súas vidas", asegura Philip Seymour Hoffman, quen interpreta o líder dos pinchadiscos. Nomes como Bill Nighy, Rhys Ifans, Nick Frost, Kenneth Branagh, Tom Sturridge, Jack Davenport, Ralph Brown e Chris O'Dowd, January Jones completan o elenco de actores de, como asegura o propio Hoffman, "esta comedia romántica entre tíos sobre a música e a xente" que "canta" a aquela memorable revolución sesentera. (http://www.elmundo.es/)
Séraphine esta baseada en feitos reais sobre a fascinante vida da pintora Seraphine Louis, máis coñecida como Seraphine de Senlis (1864-1942) e unha das precursoras da arte Naïf.
A última película de Martin Provost foi a gran triunfadora na pasada edición dos Premios César obtendo 7 en total, incluíndo os de mellor película, actriz, guión, música, fotografía, dirección artística e vestiario.
O comezo sitúase no ano 1913 na pequena localidade de Senlis, a 10 quilómetros de Chantilly e a 50 ao noroeste da capital francesa. Son tempos difíciles nos que hai un abismo entre as clases sociais e un horizonte anubrado cargado de ira e rancor, que acabará desencadeando a I Guerra Mundial.
Seráphine (Yolande Moreau) naceu no seo dunha humilde familia e divide a súa vida en dúas. Durante o día traballa como criada e pola noite dedícase ao que máis lle gusta: a pintura. Un coidado guión sen moitos diálogos ofrece un papel no que os xestos, accións e expresións faciais de Seráphine se converten nun personaxe máis. (www.wikio.es)
"Toda familia ten un segredo". Esta é a frase promocional de Tetro, a nova película de Francis Ford Coppola, un cineasta sempre moi preocupado polos lazos de sangue. Así o testemuña a súa triloxía de El Padrino. Ao igual que na popular saga, a familia protagonista do máis recente traballo do cineasta norteamericano ten raíces italianas, aínda que nesta ocasión non forme parte da mafia. Rodada en Arxentina, a película conta coas interpretacións de Vincent Gallo, Maribel Verdú, Alden Ehrenreich, Klaus Maria Brandauer e Carmen Maura.
Tetro segue os pasos de Bennie (Alden Ehrenreich), un rapaz de 17 anos que chega a Bos Aires para buscar o seu irmán maior, que leva desaparecido dende hai máis dunha década. A familia de ambos os dous emigrara de Italia a Arxentina, pero o grande éxito musical do pai (Klaus Maria Brandauer), un aclamado director de orquestra, levounos a volver mudarse de Arxentina a Nova York. Bernie remata encontrando ao seu irmán Tetro (Vincent Gallo), un melancólico e algo inestable poeta. No transcurso da estanza do adolescente con Tetro e a noiva deste, Miranda (Maribel Verdú), os dous irmáns terán que lidar coas inquietantes experiencias que ambos os dous compartiron no pasado. ( http://www.notasdecine.es/)
"La buena vida" é segundo o seu director, o chileno Andrés Wood, "unha película con historias roubadas da rúa", retallos de vidas que se cruzan sutilmente en Santiago de Chile e que "suxerindo moito e mostrando pouco" van conformando o retrato da urbe latinoamericana de hoxe en día. A película, que se estrea mañá en España, converteuse esta noite na triunfadora dos Premios Pedro Sienna, máximos galardóns do cine chileno, obtendo os de Mellor Longametraxe, Mellor Dirección (Andrés Wood), Mellor Guión (Mamoun Hassan, Rodrigo Bazaes e Andrés Wood), Mellor Interpretación Protagonista Femenina (Aline Küppenheim), Mellor Montaxe (Andrea Chignoli) e Mellor Música Orixinal (José Miguel Miranda e José Miguel Tobar). Rodrigo Bazaes, director artístico do anterior filme de Wood, "Machuca", coñecía un centro de peiteado emblemático do centro de Santiago de Chile e ata alí conduciuno coa intención de facer un documental, que finalmente se converteu en "La buena vida", elixida mellor Película Estranxeira de Fala Hispana na última edición dos Premios Goya. (máis)
SINOPSE Este é un filme sobre a perda da amizade. É a historia de tres amigos da infancia que ven deteriorarse a súa amizade na medida en que os intereses de clase e os sentimentos amorosos entran nas súas vidas. É o primeiro filme galego editado en DVD e Blu Ray en 2008.
PALMARÉS A música do filme, obra de Zeltia Montes, gañou o premio Jerry Goldsmith en 2008. O filme recibiu en setembro do mesmo ano o IV premio cidade de San Sebastián Film Comission, galardón integrado na sección Made In Spain do Festival de San Sebastián
SINOPSE Un poderoso home de negocios pretende construír unha estrada que atravese a Fraga e a malvada Sra. D’ABONDO ve chegar a súa oportunidade para acabar co bosque. CARBALLO e os seus compañeiros están en perigo e todos os animais que viven ó seu amparo terán que fuxir. Pero as toupas FURI e LINDA e o rato PIORNO non pensan renderse, e tampouco CEBOLO, un toupo asustadizo recén chegado da cidade. Na súa nova aventura contan coa axuda do “Clan dos Gatos Libres”, liderado polo valente, aínda que algo vaidoso, TIGRE. Incluso HU-HU e HO-HO, as moscas pillabanas, deciden botarlles unha man. Cando descobren de que ten medo a Sra. D’ABONDO, FURI propón darlle “vida” … ó ESPÍRITO DO BOSQUE.
Dakona Fanning, Queen Latifah, Jennifer Hudson, Alicia Keys e Sophie Okonedo, entre varios outros, protagonizan esta película. Dirixida por Gina Prince-Bythewood, e cunha estrea que se espera para as próximas semanas, o filme narra a historia de Lily (Dakota Fanning), quen carga coa culpa de matar dun disparo á súa nai, de xeito accidental, cando tiña catro anos. Quedando a cargo dun desastroso pai, quen pouco afecto lle brinda, ela escapa xunto á súa "coidadora", Rosaleen (Jennyfer Hudson), unha muller negra que só soña con que a xente de cor poida ter os mesmos dereitos civís que os brancos, en busca da historia da súa nai. Na súa travesía, chegan á casa de August Boatwright (Queen Latifah), sitio do que Lily posuía algunha referencia en relación á súa falecida nai. Alí, Augusth traballa na apicultura, sendo a máis importante produtora do pobo. Vive xunto ás súas dúas irmás, a por demais esixente June (Alicia Keys), e a hipersensible May (Sophie Okonedo). Alí, as dúas “fuxitivas” refúxianse contando unha falsa historia, e permanecen baixo o coidado das tres irmás a cambio de algunha axuda nas tarefas cotiás. E deste modo é que Lily comeza a vivir con diversas nais, a falta dunha, e así a descubrir a vida no seu maior esplendor. Comprende o que é o afecto, a liberdade, a diversión, a poesía das cousas. Aínda que, inevitablemente, sendo que a época en que o filme se sitúa é plena materialización dos dereitos civís, a convivencia con xente de cor naquel momento era a maior das vergonzas. Diversos inconvenientes van xurdindo en torno a esta familia, ata o momento en que a pequena Lily decide realmente pronunciar as preguntas que a guiaron ata tal sitio. E así, coñecer a súa nai de verdade.
Un filme brillante, sinxelo e humano. Unha película en nada pretenciosa, que realza os valores máis básicos e necesarios, como o son o afecto, o respecto. E tamén a comprensión do tempo na morea de culpas e incertezas que a vida nos formula.
Con 78 anos de puro talento, Clint Eastwood, produce, dirixe e protagoniza "Gran Torino" (2008), a súa máis recente entrega e coa cal anunciou que se retiraría da actuación. Na cinta Walt Kowalski -o convincente personaxe que encarna- é un desprezable veterano de guerra disposto a taparlle o cu a punta de balazos a canto coreano ouse invadir o seu territorio. Aínda que o vello Walt tamén posúe bos sentimentos. Gran Torino é unha obra que versa sobre os valores máis intrínsecos, o respecto e a aceptación polos outros, o erro da pre-concepción e os prexuízos, os lazos de amizade e o empobrecemento e baleiro dalgunhas relacións filio-paternais. A medio camiño entre o drama social e o western urbano, Eastwood asina unha obra mestra incontestable, perfecto testamento interpretativo, conclusión dun discurso moral e estético que, a pesar dos seus lóxicos altibaixos, é xa un dos máis nítidos e apaixonantes da recente arte norteamericana. A dureza das súas imaxes, é como unha patada no estómago que desarma calquera indicio de compracencia, pero a compaixón con que filma extrae o mellor de nós mesmos. O grande cinema de Eastwood leva conseguindo este milagre máis de dúas décadas, pero sobre todo nas películas que el mesmo protagonizou, pois a súa icona, o seu rostro, é inseparable do seu legado. Nos seus filmes menores, aínda contamos con ese rostro, que nos devolve o espello da soidade, a dor, a crueldade humanas,... pero tamén o do sosego, a lucidez, a redención.
A película, que está ambientada no século IV d.C. en Exipto, rodouse en inglés na illa de Malta, está protagonizada por Raquel Weisz no papel da astrónoma e matemática Hipatia e estrearase durante o outono deste ano. Ágora é un drama histórico que mestura aventuras e romance a partes iguais, todo iso co conflito entre a fe e o laicismo de fondo. O guión, obra do propio Amenábar, relata a historia de Orestes(Isaac),un escravo que se aferra á nova doutrina relixiosa coa esperanza de achar nela as aspiracións de liberdade que tanto ansía. Un home que se debate entre os desexos de liberdade e o desenfreado amor que sente pola súa mestra e ama, Hipatia, unha atea profesora de filosofía.
Non son extraterrestres indestrutibles, non lles picou ningun insecto radiactivo, a evolución non alterou os seus xenes para dotalos de superpoderes e tampouco son millonarios con vocación de xusticeiros. Eles son os Watchmen, heroes diferentes, escuros, complexos, creados pola xenialidade de Alan Moore e Dave Gibbons. Buho Nocturno, Rorschach, O Comediante, Ozymandias, Espectro de Seda e Dr. Manhattan, personaxes con máis luces que sombras que son as protagonistas da que está considerada a mellor novela gráfica da historia. Estes atípicos heroes irrompen esta semana nos cines de todo o planeta da man de Zack Snyder (“300”) nunha das superproducións máis esperadas do ano.
Como xa fixera con "Ciudad de Dios" e "El jardinero fiel", o cineasta brasileiro Fernando Meirelles volve trasladar á pantalla unha novela, neste caso "Ensaio sobre a cegueira", de José Saramago, para mostrar a realidade pesimista e apocalíptica que o Nobel portugués ten da humanidade.
A película, que se estreará o próximo día 13 en España, está protagonizada por Julianne Moore, Danny Glover e Gael García Bernal.
Saramago asegurou que a película é "unha adaptación case perfecta -porque non hai nada perfecto- da novela" e comentou que bota en falta "o personaxe do escritor cego que conta o que vai pasando ou a visita á casa da familia da rapaza dos lentes negros".
Esta fábula apocalíptica sobre unha epidemia de cegueira que ataca primeiro a un home, logo a unha cidade e, por último, a todo o planeta, ambientada a propósito nunha cidade non identificada, que en realidade é Sao Paulo, Montevideo e o antigo cárcere de Guelph (Canadá), mostra unha realidade non moi alegre da sociedade na que vivimos. Saramago teno moi claro, "a realidade cotiá di que non se pode ser optimista e eu non o son, pero son os pesimistas os que poden cambiar o mundo".
"El luchador" (The Wrestler) supón o regreso ao máis alto de Mickey Rourke, actor que triunfou na década dos 80 e que fora esquecido pola industria debido aos seus innumerables escándalos. Rourke, quen xa recibiu unha morea de premios por este papel, foi un dos favoritos a conseguir o Oscar a mellor actor na última edición. Tampouco podemos esquecer a Marisa Tomei, quen fai un traballo espectacular. A cinta conta a historia de Randy, unha antiga lenda do boxeo que agora se gaña a vida competindo en ximnasios de segunda e enchendo o seu corpo de medicamentos para aguantar. Non se fala coa súa filla e o único bo na súa vida parece ser unha bailarina chamada Cassady. Darren Aronofsky foi o valente director que apostou por Rourke, e gañou. O uso da cámara é tamén moi destacable, pois fai da cinta un proxecto moi realista, sen grandes decorados, e que nos mete de cheo no mundo do deporte, pero nese lado menos glamuroso que non estamos afeitos a ver. Non podemos obviar o tema musical central da película, composto e interpretado por Bruce Springsteen.
A película de debuxos animados Pinocho, realizada en 1940 polo estadounidense Walt Disney, cumpriu 70 anos e, para a ocasión, o filme orixinal foi restaurado dixitalmente. A restauración de Pinocho sacou á luz as cores orixinais da película destacando os detalles máis pequenos. Grazas á técnica moderna, os debuxos animados que naceron nun formato 4/3 foron transformados nunha película de alta definición en 16/9. Esta técnica permitiu cubrir os lados de pantalla, que quedaban en negro, con fotos e paneis integrados na escenografía e a paisaxe.
Pais: España Título Orixinal: Éramos pocos Ano de produción:2005 Idioma:español. Distribución: Filmoteca Vasca Película:Formato:35 mm. Duración orixinal : 18 minutos Dirección: Borja Cobeaga. Guión : BORJA COBEAGA EGUILLOR , SERGIO BARREJON SUAREZ Música : ARANZAZU CALLEJA Intérpretes: ALEJANDRO TEJERIA ALCARAZ , MARIVI BILBAO , RAMON BAREA Produtora: ALTUBE FILMEAK, SL
Sinopse: Un pai e o seu fillo son inacapaces de facer os labores do fogar. Cando a nai os abandona polo desastrosos que son deciden sacar á avoa do asilo para que lles faga a comida e lles limpe a casa.