O máximo galardón na 62 edición do Festival de Cine de Cannes, foi para a película "Das weisse Band" (O lazo branco) do realizador austríaco Michael Haneke (Funny Games), que xa recibira un dos premios non oficiais, o da Federación Internacional de Críticos de Cine (FIPRESCI), que destacou a película de Haneke como a mellor da sección oficial concurso. A película, rodada en alemán e en branco e negro, está ambientada nun pobo protestante no norte de Alemaña, en vésperas da I Guerra Mundial. Conta a historia dos nenos e os adolescentes do coro que dirixe o mestre, e das súas familias: o barón, o encargado, o pastor, o doutor, a comadroa, os granxeiros. Pero acontecen estraños accidentes que, pouco a pouco, empezan a parecer castigos rituais.
Mostrando entradas con la etiqueta Festivais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Festivais. Mostrar todas las entradas
"Das weisse Band", Palma de Ouro en Cannes 2009
O máximo galardón na 62 edición do Festival de Cine de Cannes, foi para a película "Das weisse Band" (O lazo branco) do realizador austríaco Michael Haneke (Funny Games), que xa recibira un dos premios non oficiais, o da Federación Internacional de Críticos de Cine (FIPRESCI), que destacou a película de Haneke como a mellor da sección oficial concurso. A película, rodada en alemán e en branco e negro, está ambientada nun pobo protestante no norte de Alemaña, en vésperas da I Guerra Mundial. Conta a historia dos nenos e os adolescentes do coro que dirixe o mestre, e das súas familias: o barón, o encargado, o pastor, o doutor, a comadroa, os granxeiros. Pero acontecen estraños accidentes que, pouco a pouco, empezan a parecer castigos rituais.
VI Festival de Cans

A curtametraxe como estrela
Coma cada ano, ou evento "centrarase nas actuais producións galegas, cun protagonismo indiscutíbel das curtamentraxes, aínda que tamén ten cabida a estrea de longametraxes e documentais, mesmo unha sección de videoclips dende a edición do 2007.
A materia prima "exhibirase en curiosas salas de proxección. Entre os máis cotizados están os galpóns, pendellos e adegas que os veciños do lugar ceden durante uns días". Pero a colaboración veciñal non queda aí. A xente do lugar tampouco descoida o traslado dos asistentes ao evento. Deste xeito, poñen a disposición do público uns pequenos tractores denominados "chimpibuses", ou medio de transporte "oficial" do festival.
Nesta edición, a cita é do 20 ao 23 de maio e presenta como gran novidade a creación dunha nova sección baixo o nome de "Fillos de Cans". No apartado, directores que asisten e colaboran frecuentemente co festival, dispoñerán dun galpón para amosar os seus próximos traballos. Entre eles estarán Jorge Coira, Fernando Cortizo ou Quique Otero. Ademais, mantense ou "Roteiro de sendeirismo" que permite coñecer o pasado e ou o presente de Cans.
Os galardóns
Por outra banda, o certame entregará premios en metálico ás mellores curtas, incluídos como novidade na pasada edición. Pero os galardóns non van quedar aí. En primeiro lugar, o realizador Xavier Villaverde foi o elixido para recoller o Premio Pedigree do VI Festival de Cans lembrando así o XX aniversario da estrea da súa primeira longamentraxe titulada "Continental". Villaverde tivo en 1989 un ano produtivo ao realizar tamén os filmes "Sempre Xonxa" e "Urxa".
II Festival Galego de Curtas de Sada

Un total de 19 curtametraxes competirán entre os días 21 e 25 de abril no ‘II Festival Galego de Curtas’ do Concello de Sada, que organiza a Concellería de Cultura, responsabilidade da nacionalista Gabriela Castro. O certame ofrecerá a proxección gratuíta de todas as obras entre o 21 e 24 de abril cun pase diario no auditorio da Casa da Cultura a partires das 20.00 horas. O concurso clausurarase o día 25 coa gala de entrega de premios, que terá lugar na Casa da Cultura ás 19.00 horas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)