Estreas de Cine

VI Festival de Cans



A curtametraxe como estrela

Coma cada ano, ou evento "centrarase nas actuais producións galegas, cun protagonismo indiscutíbel das curtamentraxes, aínda que tamén ten cabida a estrea de longametraxes e documentais, mesmo unha sección de videoclips dende a edición do 2007.
A materia prima "exhibirase en curiosas salas de proxección. Entre os máis cotizados están os galpóns, pendellos e adegas que os veciños do lugar ceden durante uns días". Pero a colaboración veciñal non queda aí. A xente do lugar tampouco descoida o traslado dos asistentes ao evento. Deste xeito, poñen a disposición do público uns pequenos tractores denominados "chimpibuses", ou medio de transporte "oficial" do festival.
Nesta edición, a cita é do 20 ao 23 de maio e presenta como gran novidade a creación dunha nova sección baixo o nome de "Fillos de Cans". No apartado, directores que asisten e colaboran frecuentemente co festival, dispoñerán dun galpón para amosar os seus próximos traballos. Entre eles estarán Jorge Coira, Fernando Cortizo ou Quique Otero. Ademais, mantense ou "Roteiro de sendeirismo" que permite coñecer o pasado e ou o presente de Cans.
Os galardóns
Por outra banda, o certame entregará premios en metálico ás mellores curtas, incluídos como novidade na pasada edición. Pero os galardóns non van quedar aí. En primeiro lugar, o realizador Xavier Villaverde foi o elixido para recoller o Premio Pedigree do VI Festival de Cans lembrando así o XX aniversario da estrea da súa primeira longamentraxe titulada "Continental". Villaverde tivo en 1989 un ano produtivo ao realizar tamén os filmes "Sempre Xonxa" e "Urxa".

Séraphine, de Martin Provost


Séraphine esta baseada en feitos reais sobre a fascinante vida da pintora Seraphine Louis, máis coñecida como Seraphine de Senlis (1864-1942) e unha das precursoras da arte Naïf.

A última película de Martin Provost foi a gran triunfadora na pasada edición dos Premios César obtendo 7 en total, incluíndo os de mellor película, actriz, guión, música, fotografía, dirección artística e vestiario.

O comezo sitúase no ano 1913 na pequena localidade de Senlis, a 10 quilómetros de Chantilly e a 50 ao noroeste da capital francesa. Son tempos difíciles nos que hai un abismo entre as clases sociais e un horizonte anubrado cargado de ira e rancor, que acabará desencadeando a I Guerra Mundial.

Seráphine (Yolande Moreau) naceu no seo dunha humilde familia e divide a súa vida en dúas. Durante o día traballa como criada e pola noite dedícase ao que máis lle gusta: a pintura. Un coidado guión sen moitos diálogos ofrece un papel no que os xestos, accións e expresións faciais de Seráphine se converten nun personaxe máis. (www.wikio.es)


TETRO, a nova película de Coppola

"Toda familia ten un segredo". Esta é a frase promocional de Tetro, a nova película de Francis Ford Coppola, un cineasta sempre moi preocupado polos lazos de sangue. Así o testemuña a súa triloxía de El Padrino. Ao igual que na popular saga, a familia protagonista do máis recente traballo do cineasta norteamericano ten raíces italianas, aínda que nesta ocasión non forme parte da mafia. Rodada en Arxentina, a película conta coas interpretacións de Vincent Gallo, Maribel Verdú, Alden Ehrenreich, Klaus Maria Brandauer e Carmen Maura.

Tetro segue os pasos de Bennie (Alden Ehrenreich), un rapaz de 17 anos que chega a Bos Aires para buscar o seu irmán maior, que leva desaparecido dende hai máis dunha década. A familia de ambos os dous emigrara de Italia a Arxentina, pero o grande éxito musical do pai (Klaus Maria Brandauer), un aclamado director de orquestra, levounos a volver mudarse de Arxentina a Nova York. Bernie remata encontrando ao seu irmán Tetro (Vincent Gallo), un melancólico e algo inestable poeta. No transcurso da estanza do adolescente con Tetro e a noiva deste, Miranda (Maribel Verdú), os dous irmáns terán que lidar coas inquietantes experiencias que ambos os dous compartiron no pasado. ( http://www.notasdecine.es/)



Un documental de María Ruído, premiado no Festival de Nueva York

A memoria e a súa falta, a memoria histórica, os silencios interesados e como algunhas circunstancias pesaron na interpretación de transición española son as liñas argumentais do documental Plan Rosebud 2, da artista ourensá María Ruído, que onte foi declarado mellor documental internacional no Festival de Cine e Vídeo Independente celebrado en Nova York nos últimos días de marzo.

A cinta premiada polo festival neoiorquino é a segunda parte dun traballo que María Ruído realizou coa produción do Centro Galego de Arte Contemporánea e que ten como obxectivo último explicar a necesidade dunha reescritura da ditadura franquista e da posterior transición na que participen por igual todas as testemuñas e na que se rompa o silencio imposto trala guerra civil a todo o que gardase relación co bando derrotado.

Realizados durante o 2008, o documental en dous capítulos comeza baixo o título de A escena do crime, para continuar coa parte premiada en Nova York que ten como título Convocando ás pantasmas. A primeira das dúas documentais ten como punto de partida o momento no que no Estado Español comezou a debaterse a Lei da Memoria Histórica e ademais de reparar na situación galega, esta primeira parte fai unha comparación co tratamento que recibe a memoria histórica en países europeos como o Reino Unido ou Alemaña.


II Festival Galego de Curtas de Sada


Un total de 19 curtametraxes competirán entre os días 21 e 25 de abril no ‘II Festival Galego de Curtas’ do Concello de Sada, que organiza a Concellería de Cultura, responsabilidade da nacionalista Gabriela Castro. O certame ofrecerá a proxección gratuíta de todas as obras entre o 21 e 24 de abril cun pase diario no auditorio da Casa da Cultura a partires das 20.00 horas. O concurso clausurarase o día 25 coa gala de entrega de premios, que terá lugar na Casa da Cultura ás 19.00 horas.

Agallas

Los actores Carmelo Gómez y Hugo Silva son los protagonistas de 'Agallas', un 'thriller' dirigido por Samuel Martín Mateos y Andrés Luque Pérez que se desarrolla en el mundo de los grandes capos del narcotráfico en Galicia y que se presenta hoy en la sección oficial a concurso del Festival de Málaga.
Sebastián (Hugo Silva) es un delincuente de poca monta que, al salir de prisión, busca trabajo en Galicia y se gana la confianza del dueño de una empresa, Regueira (Carmelo Gómez), que no ha hecho su fortuna sólo con el marisco, y que le convierte en su ayudante.
Carmelo Gómez ha admitido que, cuando recibió el guión, lo primero que pensó fue "que no harían la película, porque es una película difícil, de género, algo que no está de moda".
También vio en Martín Mateos y Luque Pérez a dos hombres "que no quieren aparecer por ningún sitio, absolutamente discretos y normales", pero que con su "empeño y arrojo" han conseguido sacar adelante el proyecto "hablando con el cielo y con el infierno".
Para Gómez, los directores son "gente con mucho gusto por este oficio, que tiene ganas de hacer las cosas bien, y que podría ser la esperanza para un futuro del cine".
De este papel le atrajo que "por fin" le ofrecieran "un personaje sin un conflicto interno", en este caso "un personaje de acción que, cada vez que quiere conseguir un objetivo, tiene que hacer algo, y lo que hace es aquello que menos nos gusta".
"La película no funciona con un protagonista heroico de acciones nobles que llega hasta el final y resuelve los conflictos, sino que hay varios protagonistas, que encima no son los buenos, y el espectador tiene que viajar con unos y con otros", ha añadido Carmelo Gómez.
Por su parte, Hugo Silva ha comparado a su personaje con "un perro, que tiene una inteligencia emocional para sobrevivir, y no tiene empatía por el que tiene enfrente".
Para construir el personaje se basó en gente que conoció en su niñez en su barrio e incluso hizo una visita a la cárcel "para ver a una persona concreta en la que está inspirado".
Desde las primeras pruebas de reparto, Hugo Silva tuvo claro que quería hacer la película, "porque no hay guiones de este tipo en el cine español".
Andrés Luque Pérez ha apuntado que, cuando comenzaron a trabajar en el guión, era una historia "de alguien en crisis que quería escapar", pero fue evolucionando hacia "alguien que está muy arriba y tiene el miedo dentro, lo que le hace salir huyendo, y encuentra a alguien que quiere trepar".

Non é de actualidade pero é mui bo

http://flocos.tv/curta/temporada-92-93/
Gran guión, grandes actuacións e bo ritmo narrativo. O director é Alejandro Marzoa que realizou esta curtametraxe como traballo de licenciatura na Escac de Barcelona , e que ademáis é un dos membros galegos desa marabilla músical chamada Manos de Topo.

Esta noite faleceu Eloi Lozano


Gravou o primeiro filme de 35 mm en galego, 'Retorno a Tagen Ata' (1974). Foi un dos impulsores do Festival de Cinema Independente de Ourense.
En 1999 dirixiu a súa primeira longametraxe, Bellas durmientes e máis adiante unha serie de TV sobre arquitectura contemporanea, 'Idea e Territorio' e o documental 'Quen son?'.O cineclube en rede FlocosTV réndelle homenaxe este martes coa estrea de Catro escultores. Na mesma páxina poden verse xa Numeralia e O carro e o home.

Mariem Hassan no Rosalia


Mariem Hassan, a voz máis representativa da música do Sáhara Occidental, actúa este xoves día 9 ás 21 horas no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, no marco do ciclo "música con raíces" da Fundación Caixanova. Esta cantante, que está considerada en certo sentido a embaixadora do país que segue baixo dominio marroquí, leva toda a súa vida participando en distintos grupos de música saharaui, cos cales viaxou por todo o mundo.
Trátase dunha voz suave, doce, e sobre todo, comprometida. Mariem Hassan publicou o seu primeiro disco como artista individual no 2002, pero sen romper nunca a relación co grupo Mujeres Saharauis, coas que gravou Medej, unha colección de cantos antigos espirituais.

"La buena vida" de Andrés Wood


"La buena vida" é segundo o seu director, o chileno Andrés Wood, "unha película con historias roubadas da rúa", retallos de vidas que se cruzan sutilmente en Santiago de Chile e que "suxerindo moito e mostrando pouco" van conformando o retrato da urbe latinoamericana de hoxe en día.

A película, que se estrea mañá en España, converteuse esta noite na triunfadora dos Premios Pedro Sienna, máximos galardóns do cine chileno, obtendo os de Mellor Longametraxe, Mellor Dirección (Andrés Wood), Mellor Guión (Mamoun Hassan, Rodrigo Bazaes e Andrés Wood), Mellor Interpretación Protagonista Femenina (Aline Küppenheim), Mellor Montaxe (Andrea Chignoli) e Mellor Música Orixinal (José Miguel Miranda e José Miguel Tobar).
Rodrigo Bazaes, director artístico do anterior filme de Wood, "Machuca", coñecía un centro de peiteado emblemático do centro de Santiago de Chile e ata alí conduciuno coa intención de facer un documental, que finalmente se converteu en "La buena vida", elixida mellor Película Estranxeira de Fala Hispana na última edición dos Premios Goya. (máis)