Estreas de Cine

"Invictus", de novo Clint Eastwood
















Invictus é o novo traballo de Clint Eastwood tras as cámaras e baseado na novela "El factor humano" escrita por John Carlin, que chegará aos cines estadounidenses a finais de ano. O título completo da novela que adapta é "The Human Factor: Nelson Mandela and the Game That Changed the World", e conta como o líder e activista contra a discriminación do apartheid Nelson Mandela soubo utilizar a organización do campionato do mundo de rugby, celebrado en Sudáfrica en 1995, para tranquilizar as históricas tensións entre a poboación branca e a negra no seu país.

Na película de Eastwood, Morgan Freeman é quen encarna a Mandela, mentres que Matt Damon interpreta a Francois Pienaar. O guión adaptado da novela foi obra de Anthony Peckham.