Estreas de Cine

"Destino Woodstock" de Ang Lee

Director: Ang Lee


Ano 1969. Elliot Tiber, un decorador afincado en Greenwich Village, Nova York, ao que o negocio lle vai mal, decide volver ao seu pobo no estado de Nova York para axudar aos seus pais a levar un vello motel chamado El Monaco. O banco está a punto de quedar co motel e o pai de Elliot ameaza con queimar o edificio, pero non pagou o seguro.
Ao decatarse de que un pobo veciño deu a autorización para que se celebre un festival hippy de música, Elliot chama os organizadores pensando que pode ser a ocasión de revitalizar o motel. Tres semanas despois, medio millón de persoas diríxense cara á granxa do seu veciño en White Lake. Elliott está a punto de somerxerse nunha experiencia que definirá a toda unha xeración, cambiará a súa vida e a cultura pop para sempre.

"El secreto de sus ojos"






...E ao terceiro día, o Festival de San Sebastián subiu ao ceo con "El secreto de sus ojos", a nova película do arxentino Juan José Campanella que, avalado de novo polo talento interpretativo de Ricardo Darín, deslumbrou á crítica ...