Estreas de Cine

"EL LUCHADOR", o regreso de Mickey Rourke

"El luchador" (The Wrestler) supón o regreso ao máis alto de Mickey Rourke, actor que triunfou na década dos 80 e que fora esquecido pola industria debido aos seus innumerables escándalos. Rourke, quen xa recibiu unha morea de premios por este papel, foi un dos favoritos a conseguir o Oscar a mellor actor na última edición. Tampouco podemos esquecer a Marisa Tomei, quen fai un traballo espectacular. A cinta conta a historia de Randy, unha antiga lenda do boxeo que agora se gaña a vida competindo en ximnasios de segunda e enchendo o seu corpo de medicamentos para aguantar. Non se fala coa súa filla e o único bo na súa vida parece ser unha bailarina chamada Cassady. Darren Aronofsky foi o valente director que apostou por Rourke, e gañou. O uso da cámara é tamén moi destacable, pois fai da cinta un proxecto moi realista, sen grandes decorados, e que nos mete de cheo no mundo do deporte, pero nese lado menos glamuroso que non estamos afeitos a ver. Non podemos obviar o tema musical central da película, composto e interpretado por Bruce Springsteen.

MOTOWN cumpriu 50 anos

Restauran dixitalmente a película «Pinocho» no seu 70 aniversario

A película de debuxos animados Pinocho, realizada en 1940 polo estadounidense Walt Disney, cumpriu 70 anos e, para a ocasión, o filme orixinal foi restaurado dixitalmente. A restauración de Pinocho sacou á luz as cores orixinais da película destacando os detalles máis pequenos. Grazas á técnica moderna, os debuxos animados que naceron nun formato 4/3 foron transformados nunha película de alta definición en 16/9. Esta técnica permitiu cubrir os lados de pantalla, que quedaban en negro, con fotos e paneis integrados na escenografía e a paisaxe.

"ÉRAMOS POCOS"


Pais: España
Título Orixinal: Éramos pocos
Ano de produción:2005
Idioma:español.
Distribución: Filmoteca Vasca
Película:Formato:35 mm.
Duración orixinal : 18 minutos
Dirección: Borja Cobeaga.
Guión : BORJA COBEAGA EGUILLOR , SERGIO BARREJON SUAREZ
Música : ARANZAZU CALLEJA
Intérpretes: ALEJANDRO TEJERIA ALCARAZ , MARIVI BILBAO , RAMON BAREA
Produtora: ALTUBE FILMEAK, SL

Sinopse: Un pai e o seu fillo son inacapaces de facer os labores do fogar. Cando a nai os abandona polo desastrosos que son deciden sacar á avoa do asilo para que lles faga a comida e lles limpe a casa.