Estreas de Cine

"EL LUCHADOR", o regreso de Mickey Rourke

"El luchador" (The Wrestler) supón o regreso ao máis alto de Mickey Rourke, actor que triunfou na década dos 80 e que fora esquecido pola industria debido aos seus innumerables escándalos. Rourke, quen xa recibiu unha morea de premios por este papel, foi un dos favoritos a conseguir o Oscar a mellor actor na última edición. Tampouco podemos esquecer a Marisa Tomei, quen fai un traballo espectacular. A cinta conta a historia de Randy, unha antiga lenda do boxeo que agora se gaña a vida competindo en ximnasios de segunda e enchendo o seu corpo de medicamentos para aguantar. Non se fala coa súa filla e o único bo na súa vida parece ser unha bailarina chamada Cassady. Darren Aronofsky foi o valente director que apostou por Rourke, e gañou. O uso da cámara é tamén moi destacable, pois fai da cinta un proxecto moi realista, sen grandes decorados, e que nos mete de cheo no mundo do deporte, pero nese lado menos glamuroso que non estamos afeitos a ver. Non podemos obviar o tema musical central da película, composto e interpretado por Bruce Springsteen.

No hay comentarios:

Publicar un comentario