Estreas de Cine

Morreu Pepe Rubianes


O actor cómico e director teatral galego Pepe Rubianes morreu hoxe en Barcelona aos 61 anos, a consecuencia dun cancro de pulmón .

Pepe Rubianes, viviu case toda a súa vida en Barcelona, onde tamén desenvolveu a maior parte da súa carreira profesional, o actor e director teatral é coñecido sobre todo polos seus irónicos monólogos.
Rubianes faleceu por mor dun cancro de pulmón que se lle detectou fai menos dun ano e polo que tivo que suspender en abril as representacións de "O Sorriso Etíope" no Teatro Capitol da capital catalá.
A última intervención artística pública do actor foi en xullo pasado cando prestou a súa voz ao personaxe de "Deus" no musical "Monthy Python's Spamalot" da compañía Tricicle.
Con anterioridade levou por toda España "Lorca eran todos", unha montaxe teatral creada e dirixida por el mesmo coa que rendía homenaxe a Federico García Lorca e aos desaparecidos na Guerra Civil e repasaba os últimos meses de vida do poeta granadino.

Rubianes debutou no teatro profesional con Dagoll Dagom nos musicais "Non falarei en clase" e "Antaviana", participou na "Operación Ubú", con Els Joglars e en 1982 emprendeu carreira en solitario alcanzando gran éxito e permanencia no escenario con "Rubianes, soamente" en 1997.

No hay comentarios:

Publicar un comentario