Estreas de Cine

“ÁGORA”: a historia de Hipatia de Alejandría, a "primeira" muller científica e filósofa de Occidente ao cine da man de A. Amenábar.


A película, que está ambientada no século IV d.C. en Exipto, rodouse en inglés na illa de Malta, está protagonizada por Raquel Weisz no papel da astrónoma e matemática Hipatia e estrearase durante o outono deste ano.
Ágora é un drama histórico que mestura aventuras e romance a partes iguais, todo iso co conflito entre a fe e o laicismo de fondo. O guión, obra do propio Amenábar, relata a historia de Orestes(Isaac),un escravo que se aferra á nova doutrina relixiosa coa esperanza de achar nela as aspiracións de liberdade que tanto ansía. Un home que se debate entre os desexos de liberdade e o desenfreado amor que sente pola súa mestra e ama, Hipatia, unha atea profesora de filosofía.



No hay comentarios:

Publicar un comentario