Estreas de Cine

¿Coñeces aos Watchmen?

Non son extraterrestres indestrutibles, non lles picou ningun insecto radiactivo, a evolución non alterou os seus xenes para dotalos de superpoderes e tampouco son millonarios con vocación de xusticeiros. Eles son os Watchmen, heroes diferentes, escuros, complexos, creados pola xenialidade de Alan Moore e Dave Gibbons.
Buho Nocturno, Rorschach, O Comediante, Ozymandias, Espectro de Seda e Dr. Manhattan, personaxes con máis luces que sombras que son as protagonistas da que está considerada a mellor novela gráfica da historia. Estes atípicos heroes irrompen esta semana nos cines de todo o planeta da man de Zack Snyder (“300”) nunha das superproducións máis esperadas do ano.


No hay comentarios:

Publicar un comentario