Estreas de Cine

Pradolongo




SINOPSE
Este é un filme sobre a perda da amizade. É a historia de tres amigos da infancia que ven deteriorarse a súa amizade na medida en que os intereses de clase e os sentimentos amorosos entran nas súas vidas. É o primeiro filme galego editado en DVD e Blu Ray en 2008.

PALMARÉS
A música do filme, obra de Zeltia Montes, gañou o premio Jerry Goldsmith en 2008. O filme recibiu en setembro do mesmo ano o IV premio cidade de San Sebastián Film Comission, galardón integrado na sección Made In Spain do Festival de San Sebastián

FICHA ARTÍSTICA
Axudante de dirección: Sandra Montes Cámara: Alberto Díaz “Bertitxi” Deseño de decorados: Andrea Pozo Dirección: Ignacio Vilar Dirección fotografía: Alberto Díaz “Bertitxi” Figurinista: María Fandiño Guionista: Carlos Asorey, Javier Gancedo, Ignacio Vilar Intérpretes: Laura Álvarez (NEVES), Tamara Canosa (RAQUEL), Mela Casal (MARUXA) , Belén Constenla (LURDES) , Antonio Mourelos (LOURENZO), Roberto Porto (ARMANDO) Gonzalo Rey Chao (XERVASIO) , Rubén Riós (MARTIÑO), Cristina Rodríguez (LOLI), Carlos Sante(ROI)
Maquillaxe: Natalia Arcay Montaxe: Guillermo Represa Música: Zeltia Montes Perruquería: Erea Pérez Produción Executiva: Marina Fariñas Xefatura de produción: Iñaki Ros, José Salgueiro Xefatura de son: Eduardo Esquide

FICHA TÉCNICA
Distribuidora: Mr Misto Films, Vía Láctea Filmes, S.L. Produtora : Televisión de Galicia (TVG), Vía Láctea Filmes, S.L. Subvención : Consellería de Cultura (Xunta de Galicia)
Titulo orixinal: PradolongoTipo: LongametraxeXénero: Drama Realizada a corDuración: 100'Orixe: GaliciaAno: 2007Idioma V.O.: Galego (6 copias en salas comerciais)Orzamento: 1.200.000 €
Web: http://www.pradolongo.net/

O espíritu do bosque


SINOPSE
Un poderoso home de negocios pretende construír unha estrada que atravese a Fraga e a malvada Sra. D’ABONDO ve chegar a súa oportunidade para acabar co bosque. CARBALLO e os seus compañeiros están en perigo e todos os animais que viven ó seu amparo terán que fuxir. Pero as toupas FURI e LINDA e o rato PIORNO non pensan renderse, e tampouco CEBOLO, un toupo asustadizo recén chegado da cidade. Na súa nova aventura contan coa axuda do “Clan dos Gatos Libres”, liderado polo valente, aínda que algo vaidoso, TIGRE. Incluso HU-HU e HO-HO, as moscas pillabanas, deciden botarlles unha man. Cando descobren de que ten medo a Sra. D’ABONDO, FURI propón darlle “vida” … ó ESPÍRITO DO BOSQUE.

FICHA TÉCNICA
Directores: Juan Carlos Pena Babío, David Rubín Guión: Beatriz Iso Soto Produtor: Manolo Gómez Santos Compositor: música: Arturo Kress Varela Director de animación: Julio Díez Director -Xefe de produción: Juan Carlos Pena Babío Deseño personaxes: David Rubín Montaxe: Juan Galiñanes García Xefe Son: Jorge González Colado
Produtoras : Dygra Films
Distribuidoras: Manga Films
Empresas Servizos :Área 5.1 Factoría Audiovisual, S.L.
Dobraxe :Dygra Films
Formato: Longametraxe
Xénero: Aventuras
Modalidade: Animación
Convocatoria: Produción
Formato gravación: HD
Duración: 80 min
Idioma gravación / Rodaxe: Galego
Orzamento: 5.730.000€
Espectadores: 171.140
Recadación: 969.941€
Ano de produción: 2007
Web: http://www.espiritudelbosque.com/
Data estrea: 12/09/2008

Ha muerto Jarre


Jarre se trasladó a Estados Unidos en la década de los años sesenta y era el padre del compositor francés Jean-Michel Jarre, un pionero de la música electrónica, compuso la música de más de 150 películas, en las que trabajó con algunos de los directores más importantes de la historia del cine, como Luchino Visconti, Alfred Hitchcock, John Huston y David Lean.

Su fama mundial le llegó en 1962 gracias a la composición de la música se 'Lawrence de Arabia', que le valió el Oscar de la Academia de Hollywood. Posteriormente obtuvo otros dos Oscars más por 'Doctor Zhivago' y 'Pasaje a la India'.

Una de sus últimas apariciones públicas se produjo en el Festival Internacional de Cine de Berlín en febrero pasado, cuando recibió un premio por su trayectoria, según recordó hoy la BBC. En aquel acto, el director del festival, Dieter Kosslick, declaró que "a menudo, los compositores de música para películas se quedan en la sombra de grandes directores y estrellas". "Es diferente con Maurice Jarre: la música de 'Doctor Zhivago', como gran parte de su trabajo, es famosa mundialmente y forma parte de la historia del cine", concluyó.

Yulene Olaizola


La directora mejicana Yulene Olaizola gana el Play-Doc 2009 de Tui (Pontevedra) en la categoría de largometraje documental con la producción 'Intimidades de Shakespeare y Víctor Hugo'. Según el jurado, compuesto por Georgi Lazarevski, Jiska Rickels, José Luis Losa y Miquel Martí, Olaizola "sabe crear una atmósfera y dosificarla con diversidaed de recursos narrativos y técnicos". Además, destacaron su "destreza" para construir un clima de suspense y desvelar la identidad de un personaje "entre luces y sombras". El premio de esta categoría tiene una dotación de 5.000 euros y el regalo de una pequeña escultura en piedra del artista tudense Juan Vázquez. En este área el jurado también acordó otorgar una mención especial a 'Amores ciegos', del eslovaco Juraj Lehotsky por "su combinación poética entre ficción y documental", además de por la "sensibilidad del director en su acercamiento a una manera diferente de ver el mundo". En la sección de cortometrajes, la galardonada fue la iraní Rokhsareh Ghaemmagami, directora presente en el festival, con su obra 'Cyanosis'. "Una gran pericia en la fusión de la animación dentro de un documental y por su manera de transmitir una tensión latente en un ámbito social", argumentó el jurado como motivos para otorgarle el premio. Finalmente, en el apartado dedicado a los documentales gallegos, que este año ha tenido especial acogida entre el público, la distinción estuvo compartido por 'Manuel e Elisa', de Manuel Fernández Valdés, y 'París # 1', del director Oliver Laxe.

"LA VIDA SECRETA DE LAS ABEJAS"


Dakona Fanning, Queen Latifah, Jennifer Hudson, Alicia Keys e Sophie Okonedo, entre varios outros, protagonizan esta película. Dirixida por Gina Prince-Bythewood, e cunha estrea que se espera para as próximas semanas, o filme narra a historia de Lily (Dakota Fanning), quen carga coa culpa de matar dun disparo á súa nai, de xeito accidental, cando tiña catro anos. Quedando a cargo dun desastroso pai, quen pouco afecto lle brinda, ela escapa xunto á súa "coidadora", Rosaleen (Jennyfer Hudson), unha muller negra que só soña con que a xente de cor poida ter os mesmos dereitos civís que os brancos, en busca da historia da súa nai. Na súa travesía, chegan á casa de August Boatwright (Queen Latifah), sitio do que Lily posuía algunha referencia en relación á súa falecida nai. Alí, Augusth traballa na apicultura, sendo a máis importante produtora do pobo. Vive xunto ás súas dúas irmás, a por demais esixente June (Alicia Keys), e a hipersensible May (Sophie Okonedo). Alí, as dúas “fuxitivas” refúxianse contando unha falsa historia, e permanecen baixo o coidado das tres irmás a cambio de algunha axuda nas tarefas cotiás. E deste modo é que Lily comeza a vivir con diversas nais, a falta dunha, e así a descubrir a vida no seu maior esplendor. Comprende o que é o afecto, a liberdade, a diversión, a poesía das cousas. Aínda que, inevitablemente, sendo que a época en que o filme se sitúa é plena materialización dos dereitos civís, a convivencia con xente de cor naquel momento era a maior das vergonzas. Diversos inconvenientes van xurdindo en torno a esta familia, ata o momento en que a pequena Lily decide realmente pronunciar as preguntas que a guiaron ata tal sitio. E así, coñecer a súa nai de verdade.
Un filme brillante, sinxelo e humano. Unha película en nada pretenciosa, que realza os valores máis básicos e necesarios, como o son o afecto, o respecto. E tamén a comprensión do tempo na morea de culpas e incertezas que a vida nos formula.


Con "GRAN TORINO", Clint Eastwood regresa á interpretación



Con 78 anos de puro talento, Clint Eastwood, produce, dirixe e protagoniza "Gran Torino" (2008), a súa máis recente entrega e coa cal anunciou que se retiraría da actuación. Na cinta Walt Kowalski -o convincente personaxe que encarna- é un desprezable veterano de guerra disposto a taparlle o cu a punta de balazos a canto coreano ouse invadir o seu territorio. Aínda que o vello Walt tamén posúe bos sentimentos.
Gran Torino é unha obra que versa sobre os valores máis intrínsecos, o respecto e a aceptación polos outros, o erro da pre-concepción e os prexuízos, os lazos de amizade e o empobrecemento e baleiro dalgunhas relacións filio-paternais.
A medio camiño entre o drama social e o western urbano, Eastwood asina unha obra mestra incontestable, perfecto testamento interpretativo, conclusión dun discurso moral e estético que, a pesar dos seus lóxicos altibaixos, é xa un dos máis nítidos e apaixonantes da recente arte norteamericana. A dureza das súas imaxes, é como unha patada no estómago que desarma calquera indicio de compracencia, pero a compaixón con que filma extrae o mellor de nós mesmos. O grande cinema de Eastwood leva conseguindo este milagre máis de dúas décadas, pero sobre todo nas películas que el mesmo protagonizou, pois a súa icona, o seu rostro, é inseparable do seu legado. Nos seus filmes menores, aínda contamos con ese rostro, que nos devolve o espello da soidade, a dor, a crueldade humanas,... pero tamén o do sosego, a lucidez, a redención.



“ÁGORA”: a historia de Hipatia de Alejandría, a "primeira" muller científica e filósofa de Occidente ao cine da man de A. Amenábar.


A película, que está ambientada no século IV d.C. en Exipto, rodouse en inglés na illa de Malta, está protagonizada por Raquel Weisz no papel da astrónoma e matemática Hipatia e estrearase durante o outono deste ano.
Ágora é un drama histórico que mestura aventuras e romance a partes iguais, todo iso co conflito entre a fe e o laicismo de fondo. O guión, obra do propio Amenábar, relata a historia de Orestes(Isaac),un escravo que se aferra á nova doutrina relixiosa coa esperanza de achar nela as aspiracións de liberdade que tanto ansía. Un home que se debate entre os desexos de liberdade e o desenfreado amor que sente pola súa mestra e ama, Hipatia, unha atea profesora de filosofía.



¿Coñeces aos Watchmen?

Non son extraterrestres indestrutibles, non lles picou ningun insecto radiactivo, a evolución non alterou os seus xenes para dotalos de superpoderes e tampouco son millonarios con vocación de xusticeiros. Eles son os Watchmen, heroes diferentes, escuros, complexos, creados pola xenialidade de Alan Moore e Dave Gibbons.
Buho Nocturno, Rorschach, O Comediante, Ozymandias, Espectro de Seda e Dr. Manhattan, personaxes con máis luces que sombras que son as protagonistas da que está considerada a mellor novela gráfica da historia. Estes atípicos heroes irrompen esta semana nos cines de todo o planeta da man de Zack Snyder (“300”) nunha das superproducións máis esperadas do ano.


"A CIEGAS": a obra de Saramago ao cine


Como xa fixera con "Ciudad de Dios" e "El jardinero fiel", o cineasta brasileiro Fernando Meirelles volve trasladar á pantalla unha novela, neste caso "Ensaio sobre a cegueira", de José Saramago, para mostrar a realidade pesimista e apocalíptica que o Nobel portugués ten da humanidade.
A película, que se estreará o próximo día 13 en España, está protagonizada por Julianne Moore, Danny Glover e Gael García Bernal.
Saramago asegurou que a película é "unha adaptación case perfecta -porque non hai nada perfecto- da novela" e comentou que bota en falta "o personaxe do escritor cego que conta o que vai pasando ou a visita á casa da familia da rapaza dos lentes negros".
Esta fábula apocalíptica sobre unha epidemia de cegueira que ataca primeiro a un home, logo a unha cidade e, por último, a todo o planeta, ambientada a propósito nunha cidade non identificada, que en realidade é Sao Paulo, Montevideo e o antigo cárcere de Guelph (Canadá), mostra unha realidade non moi alegre da sociedade na que vivimos. Saramago teno moi claro, "a realidade cotiá di que non se pode ser optimista e eu non o son, pero son os pesimistas os que poden cambiar o mundo".


Morreu Pepe Rubianes


O actor cómico e director teatral galego Pepe Rubianes morreu hoxe en Barcelona aos 61 anos, a consecuencia dun cancro de pulmón .

Pepe Rubianes, viviu case toda a súa vida en Barcelona, onde tamén desenvolveu a maior parte da súa carreira profesional, o actor e director teatral é coñecido sobre todo polos seus irónicos monólogos.
Rubianes faleceu por mor dun cancro de pulmón que se lle detectou fai menos dun ano e polo que tivo que suspender en abril as representacións de "O Sorriso Etíope" no Teatro Capitol da capital catalá.
A última intervención artística pública do actor foi en xullo pasado cando prestou a súa voz ao personaxe de "Deus" no musical "Monthy Python's Spamalot" da compañía Tricicle.
Con anterioridade levou por toda España "Lorca eran todos", unha montaxe teatral creada e dirixida por el mesmo coa que rendía homenaxe a Federico García Lorca e aos desaparecidos na Guerra Civil e repasaba os últimos meses de vida do poeta granadino.

Rubianes debutou no teatro profesional con Dagoll Dagom nos musicais "Non falarei en clase" e "Antaviana", participou na "Operación Ubú", con Els Joglars e en 1982 emprendeu carreira en solitario alcanzando gran éxito e permanencia no escenario con "Rubianes, soamente" en 1997.