Estreas de Cine

"LA VIDA SECRETA DE LAS ABEJAS"


Dakona Fanning, Queen Latifah, Jennifer Hudson, Alicia Keys e Sophie Okonedo, entre varios outros, protagonizan esta película. Dirixida por Gina Prince-Bythewood, e cunha estrea que se espera para as próximas semanas, o filme narra a historia de Lily (Dakota Fanning), quen carga coa culpa de matar dun disparo á súa nai, de xeito accidental, cando tiña catro anos. Quedando a cargo dun desastroso pai, quen pouco afecto lle brinda, ela escapa xunto á súa "coidadora", Rosaleen (Jennyfer Hudson), unha muller negra que só soña con que a xente de cor poida ter os mesmos dereitos civís que os brancos, en busca da historia da súa nai. Na súa travesía, chegan á casa de August Boatwright (Queen Latifah), sitio do que Lily posuía algunha referencia en relación á súa falecida nai. Alí, Augusth traballa na apicultura, sendo a máis importante produtora do pobo. Vive xunto ás súas dúas irmás, a por demais esixente June (Alicia Keys), e a hipersensible May (Sophie Okonedo). Alí, as dúas “fuxitivas” refúxianse contando unha falsa historia, e permanecen baixo o coidado das tres irmás a cambio de algunha axuda nas tarefas cotiás. E deste modo é que Lily comeza a vivir con diversas nais, a falta dunha, e así a descubrir a vida no seu maior esplendor. Comprende o que é o afecto, a liberdade, a diversión, a poesía das cousas. Aínda que, inevitablemente, sendo que a época en que o filme se sitúa é plena materialización dos dereitos civís, a convivencia con xente de cor naquel momento era a maior das vergonzas. Diversos inconvenientes van xurdindo en torno a esta familia, ata o momento en que a pequena Lily decide realmente pronunciar as preguntas que a guiaron ata tal sitio. E así, coñecer a súa nai de verdade.
Un filme brillante, sinxelo e humano. Unha película en nada pretenciosa, que realza os valores máis básicos e necesarios, como o son o afecto, o respecto. E tamén a comprensión do tempo na morea de culpas e incertezas que a vida nos formula.


No hay comentarios:

Publicar un comentario