Estreas de Cine

O espíritu do bosque


SINOPSE
Un poderoso home de negocios pretende construír unha estrada que atravese a Fraga e a malvada Sra. D’ABONDO ve chegar a súa oportunidade para acabar co bosque. CARBALLO e os seus compañeiros están en perigo e todos os animais que viven ó seu amparo terán que fuxir. Pero as toupas FURI e LINDA e o rato PIORNO non pensan renderse, e tampouco CEBOLO, un toupo asustadizo recén chegado da cidade. Na súa nova aventura contan coa axuda do “Clan dos Gatos Libres”, liderado polo valente, aínda que algo vaidoso, TIGRE. Incluso HU-HU e HO-HO, as moscas pillabanas, deciden botarlles unha man. Cando descobren de que ten medo a Sra. D’ABONDO, FURI propón darlle “vida” … ó ESPÍRITO DO BOSQUE.

FICHA TÉCNICA
Directores: Juan Carlos Pena Babío, David Rubín Guión: Beatriz Iso Soto Produtor: Manolo Gómez Santos Compositor: música: Arturo Kress Varela Director de animación: Julio Díez Director -Xefe de produción: Juan Carlos Pena Babío Deseño personaxes: David Rubín Montaxe: Juan Galiñanes García Xefe Son: Jorge González Colado
Produtoras : Dygra Films
Distribuidoras: Manga Films
Empresas Servizos :Área 5.1 Factoría Audiovisual, S.L.
Dobraxe :Dygra Films
Formato: Longametraxe
Xénero: Aventuras
Modalidade: Animación
Convocatoria: Produción
Formato gravación: HD
Duración: 80 min
Idioma gravación / Rodaxe: Galego
Orzamento: 5.730.000€
Espectadores: 171.140
Recadación: 969.941€
Ano de produción: 2007
Web: http://www.espiritudelbosque.com/
Data estrea: 12/09/2008

No hay comentarios:

Publicar un comentario