"Resulta reconfortante ver unha película sobre unha parella que non trata sobre os seus problemas de parella. Resulta reconfortante ver na gran pantalla a un home e a unha muller que non discuten, que non se poñen os cornos e que non son egoístas. Se polo cine fóra, creriamos que esas cousas desapareceran hai moito tempo. Verona (Maya Rudolp) e Burt (John Krasinski) son unha sólida parella de treintañeros que viven felizmente unha vida de calma e, de súpeto, descobren que ela está embarazada... "Un lugar donde quedarse" é unha película sinxela, de corte independente, con actores que non son grandes estrelas e sen momentos lacrimóxenos.
A película é unha pequena lección sobre a vida en clave de road movie..."