Estreas de Cine

DANIEL MONTERO COIRA FAISE CO V PREMIO CASTELAO DE BANDA DESEÑADA


"Sen mirar atrás" é o título da obra coa que Daniel Montero obtivo o Premio Castelao de Banda Deseñada, convocado pola Deputación de A Coruña co obxectivo de promocionar e fomentar a arte dá viñeta.

O xurado, composto por Miguelanxo Prado, Ángel de la Calle e Carlos Portela, seleccionou a obra entre as oito presentadas, sinalando a boa construción da narración e o axeitado tratamento gráfico que o autor lle deu á historia.

O gañador participou en proxectos como a película de animación en 3 D "O soño dunha noite de San Xoan", de Dygra, e actualmente compaxina o seu traballo para esta produtora coa ilustración profesional por conta propia.

A historia de "Sen mirar atrás" céntrase en Xaime, un tipo que tras unha ruptura decide dar un xiro á súa vida, coller os seus bártulos, ao seu can e facer unha viaxe sen un destino marcado. A historia toca temas como o illamento, a determinación e a amizade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario