Estreas de Cine

"Radio encubierta" de Richard Curtis


Corren os anos 60, anos de loucura e redescubrimento, anos de novas definicións e, sobre todo, de novas músicas. Alí e entón, o rock inglés irrompe no mundo, pero non todo o mundo está preparado para el e a súa filosofía.
Mentres que a BBC, radio británica por excelencia, só radiaba 2 horas semanais de rock e dedicaba o resto da súa programación musical ás baladas que entusiasmaban aos pais da época, as radios pirata proliferaban para emitir rock e pop durante as 24 horas do día, facendo as delicias dos seus máis de 25 millóns de oíntes.
Ese é o caso de 'Radio Rock', unha emisora ilegal, o seu nome pode verse en grandes letras brancas pintadas sobre o casco vermello dun barco que navega polo Mar do Norte. Dende el, dende a súa cuberta, dende os seus camarotes e dende calquera parte das súas entrañas, a vida que marcou os 60 vívese intensamente. E "Radio encubierta" conta a súa historia.
Dirixida por Richard Curtis e cunha repartición encabezada polo gañador do Oscar Philip Seymour Hoffman, "Radio encubierta" móstranos o cambio xeracional que sufriu o mundo da man da música. Un cambio que, como todos, a algúns lles custa aceptar.

Rock, mozos e mozas tolas, loucuras, sexo libre, fans que chegan en pequenos botes ata 'o barco roqueiro'... demasiado desenfreo para un tradicional goberno británico que tratará de dar caza e captura os seus responsables en alta mar.
O resultado é unha comedia ao máis puro estilo británico pero que "tamén ten unha mensaxe moi seria: o importante que é a música para a xente. É moi importante, cambia as súas vidas", asegura Philip Seymour Hoffman, quen interpreta o líder dos pinchadiscos.
Nomes como Bill Nighy, Rhys Ifans, Nick Frost, Kenneth Branagh, Tom Sturridge, Jack Davenport, Ralph Brown e Chris O'Dowd, January Jones completan o elenco de actores de, como asegura o propio Hoffman, "esta comedia romántica entre tíos sobre a música e a xente" que "canta" a aquela memorable revolución sesentera.
(http://www.elmundo.es/)



No hay comentarios:

Publicar un comentario