Estreas de Cine

Séraphine, de Martin Provost


Séraphine esta baseada en feitos reais sobre a fascinante vida da pintora Seraphine Louis, máis coñecida como Seraphine de Senlis (1864-1942) e unha das precursoras da arte Naïf.

A última película de Martin Provost foi a gran triunfadora na pasada edición dos Premios César obtendo 7 en total, incluíndo os de mellor película, actriz, guión, música, fotografía, dirección artística e vestiario.

O comezo sitúase no ano 1913 na pequena localidade de Senlis, a 10 quilómetros de Chantilly e a 50 ao noroeste da capital francesa. Son tempos difíciles nos que hai un abismo entre as clases sociais e un horizonte anubrado cargado de ira e rancor, que acabará desencadeando a I Guerra Mundial.

Seráphine (Yolande Moreau) naceu no seo dunha humilde familia e divide a súa vida en dúas. Durante o día traballa como criada e pola noite dedícase ao que máis lle gusta: a pintura. Un coidado guión sen moitos diálogos ofrece un papel no que os xestos, accións e expresións faciais de Seráphine se converten nun personaxe máis. (www.wikio.es)


No hay comentarios:

Publicar un comentario