Estreas de Cine

"La buena vida" de Andrés Wood


"La buena vida" é segundo o seu director, o chileno Andrés Wood, "unha película con historias roubadas da rúa", retallos de vidas que se cruzan sutilmente en Santiago de Chile e que "suxerindo moito e mostrando pouco" van conformando o retrato da urbe latinoamericana de hoxe en día.

A película, que se estrea mañá en España, converteuse esta noite na triunfadora dos Premios Pedro Sienna, máximos galardóns do cine chileno, obtendo os de Mellor Longametraxe, Mellor Dirección (Andrés Wood), Mellor Guión (Mamoun Hassan, Rodrigo Bazaes e Andrés Wood), Mellor Interpretación Protagonista Femenina (Aline Küppenheim), Mellor Montaxe (Andrea Chignoli) e Mellor Música Orixinal (José Miguel Miranda e José Miguel Tobar).
Rodrigo Bazaes, director artístico do anterior filme de Wood, "Machuca", coñecía un centro de peiteado emblemático do centro de Santiago de Chile e ata alí conduciuno coa intención de facer un documental, que finalmente se converteu en "La buena vida", elixida mellor Película Estranxeira de Fala Hispana na última edición dos Premios Goya. (máis)



No hay comentarios:

Publicar un comentario